Xa non quedan prazas nas xornadas formativas dirixidas a persoas usuarias de BiciCoruña

Recentemente lanzamos a convocatoria, xunto co Concello da Coruña, de tres xornadas formativas en materia de circulación e normativa dirixidas a persoas usuarias de BiciCoruña. Dada a alta demanda que puidemos contemplar nas primeiras horas tras a convocatoria, decidimos impulsar unha cuarta xornada (especial, en tanto que se celebrará no marco da inauguración da estación de BiciCoruña da Avenida Arteixo).

Novamente, en cuestión de escasas horas xa se cubriron as prazas ofertadas (20 por xornada).

Estamos convencidas e convencidos de que moitas persoas que teñen interese en asistir nestas xornadas quedaron fóra delas. É por iso que dende Mobi-liza recollemos este guante e xa nos poñemos man á obra na organización de novas xornadas formativas como estas. Pronto teredes información destas actividades na nosa web e redes sociais!

Deja un comentario

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar