A mobilidade sostible é o desexo da cidadanía coruñesa

Vimos de asistir durante estes meses a unha nova edición dos Orzamentos Participativos da Coruña, este ano denominados Na Coruña Contas. Como en edicións pasadas, dende a nosa asociación quixemos ser parte do cambio na nosa cidade, especialmente en prol da mobilidade. É por iso que realizamos varias achegas e participamos activamente nas fases deSigue leyendo «A mobilidade sostible é o desexo da cidadanía coruñesa»

Este 3 de decembro, vén ao Friday Mobility Night do Nadal

Como cada primeiro venres de cada mes, celebramos o Friday Mobility Night, un roteiro lúdico e reivindicativo en bici, patíns e VMP para acadarmos un modelo de mobilidade máis sostible. Nesta ocasión, será a edición ambientada no Nadal. É por iso que vos convidamos a vir con múltiples luces de cores. O punto de partidaSigue leyendo «Este 3 de decembro, vén ao Friday Mobility Night do Nadal»

Menos coches para poñermos fin á violencia viaria

O pasado domingo 21 de novembro, con motivo do Día Mundial polas vítimas de violencia viaria, participamos no acto na súa homenaxe organizado por Stop Accidentes. A violencia viaria é unha lacra que sega cada ano miles de vida en España e millóns no mundo. Mortes que pasan desapercibidas, que as temos normalizadas, e parecenSigue leyendo «Menos coches para poñermos fin á violencia viaria»

Tres cursos para despedir o ano!

Dende A Escola da Bici, durante o mes de decembro imos facer tres cursos (todos para PERSOAS ADULTAS). Habilidades (nivel 2), dirixido a persoas que saben andar en bici pero precisan mellorar certas habilidades e gañar confianza. Este será venres 10, sábado 11 e domingo 12 16:30 a 18:30 Circulación (nivel 3), drixido a persoasSigue leyendo «Tres cursos para despedir o ano!»

Friday Mobility Night – Especial Samaín

O próximo 5 de novembro terá lugar unha nova edición do Friday Mobility Night coa festa especial de Samaín! Como cada primeiro venres de mes, partiremos ás 21:30 dende a Praza María Pita. Nesta edición faremos unha RUTA TEMÁTICA polo que o único requisito é que veñas vestida/o co teu disfraz de SAMAÍN para percorrer as rúas da Coruña entre usuariasSigue leyendo «Friday Mobility Night – Especial Samaín»

Por unha Coruña libre de acoso viario cara as persoas usuarias da bici

Nos últimos tempos algunhas persoas usuarias de bicicleta veñen trasladándonos comentarios sobre situacións de acoso viario nos seus desprazamentos cotiás por parte de condutores de automóbiles, tales como uso inxustificado do cláxon, gritos, insultos ou ameazas. Neste sentido, moitas destas situacións se corresponden a un punto en concreto: a rúa Cantón Grande. Así, dende aSigue leyendo «Por unha Coruña libre de acoso viario cara as persoas usuarias da bici»

En novembro ofrecemos 7 cursos de A Escola da Bici

Dende A Escola da Bici durante o mes de novembro imos facer sete cursos (cinco para persoas ADULTAS e dous para INFANCIA). Son os seguintes: Iniciación (nivel 1), dirixido a persoas que non saben andar en bici e queren aprender. Este será venres 5, sábado 6 e domingo 7, de 16:30 a 18:30 Infancia (iniciación),Sigue leyendo «En novembro ofrecemos 7 cursos de A Escola da Bici»

Apoia as nosas propostas nos Orzamentos Participativos da Coruña

Dende Mobi-liza presentamos varias propostas en prol da mobilidade sostible no programa Na Coruña Contas, a quinta edición dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña. Podes ver estas achegas no seguinte enlace Para acadar o máximo número de apoios e que, deste xeito, as nosas propostas teñan máis posibilidades de chegar á fase de votación final, imosSigue leyendo «Apoia as nosas propostas nos Orzamentos Participativos da Coruña»

Ata 14 cursos de todos os niveis para outubro

Para o mes de outubro traemos un total de 14 cursos, que inclúen cursos de todos os niveis, e tamén cursos dirixidos á infancia e un curso de mecánica básica. Concretamente, son: 6 cursos de iniciación (nivel 1), 4 de habilidades (nivel 2), un de circulación (nivel 3), dous cursos dirixidos á infancia (iniciación) eSigue leyendo «Ata 14 cursos de todos os niveis para outubro»

Nesta Semana Europea da Mobilidade traemos unha morea de actividades

Entre os días 16 e 22 de setembro é a Semana Europea da Mobilidade, que procurar o fomento da mobilidade sostible, segura e saudable. Así, estando de acordo coas finalidades deste evento, entendemos que se deben promover os desprazamentos a pé, en bicicleta, en VMP e en transporte público. Nesta SEM impulsamos unha serie deSigue leyendo «Nesta Semana Europea da Mobilidade traemos unha morea de actividades»

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos