Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Organizamos unha ruta en barco pola Pasaxe para valorar o transporte marítimo como alternativa de mobilidade

É posible un pasaxe na Ría? Van voltar ao Golfo Artabro as lanchas da xente? Se para algo serviu a sorprendente e improvisada proposta de gastar 8 millóns de euros nunha pasarela peonil e ciclista nas Xubias por parte do goberno da Xunta de Galicia , foi, ao noso entender, para reabrir o debate sobre a situación e as solucións da mobilidade na área metropolitana.

Entroncado con isto fanse eco os xornais dos atascos por alcance ou accidente, o carril VAO (Vía de Alta Ocupación), a ampliación da ponte da Pasaxe, a xa comentada pasarela peonil e ciclista ou a remodelación de Alfonso Molina.

Para aportar luz a este debate, dende Mobi-liza organizamos dúas actividades o martes 27 de decembro.

  • Ruta no Barco Rías Altas II, con saída dende a Dársena ás 16:30h. Imos simular unha posible ruta, analizar localizacións dos futuros pantaláns de pasaxeiros. Imos falar das condicións habituais do estado da mar nos percorridos posibles. E abordaremos, dende a curiosidade, moitas preguntas. Que tipos de barco son os axeitados? Onde estarían os atraques na Coruña? Cantos aparcadoiros disuasorios se poderían crear en orixe? Habería transbordos gratuítos con outros medios? Deixarían meter as bicis no barco? Que administracións teñen competencias? Estaría subvencionado? Hai iniciativas empresariais interesadas?
  • De volta ao peirao da Coruña, na mesma Dársena (no propio barco), ás 18:00h, unha conferencia na que o historiador Bernardo Máiz Vázquez, autor do libro «As Embarcacións de pasaxe das rías galegas (1573-2000)» vai falar da historia das pasaxes na nosa ría. Tamén das posibilidades reais de implantación no futuro baseadas en modelos existentes e viables.

Para poder participar, é imprescindible reservar praza a través do seguinte formulario de inscrición. Así mesmo, a ruta en barco ten un prezo de 5 € para persoas maiores de idade, a modo de donativo para poder contribuír á viabilidade da actividade.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: