
Queres aprender a andar e circular en bicicleta?
A Escola da Bici é unha iniciativa coa que contamos e mediante a que podes aprender a andar e circular en bicicleta. Contamos con cursos dirixidos a persoas adultas e outros que van dirixidos á infancia (dado que os ritmos de aprendizaxe son moi diferentes, teñen que ser de forma separada).
Contamos con cursos de tres niveis diferenciados:
- Nivel 1. Iniciación. É o curso ideal se nunca montaches en bicicleta. En tan só 6 horas podes aprender e gañar en liberdade e autonomía!
- Nivel 2. Habilidades. É o teu curso se sabes andar en bicicleta pero precisas mellorar certas habilidades (como mirar cara atrás ou soltar unha man do manillar) e gañar confianza.
- Nivel 3. Circulación. Este curso é para ti se tes un bo manexo da bicicleta pero fáltache un último empurrón para atreverte a circular pola cidade.
- Mecánica básica. Este curso é para ti se desexas aprender nocións e destrezas para poder reparar a túa propia bici.
Cada curso é de 6 horas, distribuídas en 3 sesións de dúas horas cada unha, que se realizan na mesma semana. Teñen un prezo de 15 € e realízanse en grupos reducidos de cinco persoas. Aportamos nós as bicicletas e os cascos, pero, de ser posible, recomendamos que traiades as vosas propias.
Tamén ofrecemos a posibilidade de que un grupo solicite un curso á demanda (por exemplo, unha familia, un grupo de amigas e amigos, etc.). Estes cursos teñen un máximo de 5 persoas, dunha duración de 6 horas e un prezo único de 250€. Se desexas solicitar un curso destas características, ponte en contacto connosco a través do correo electrónico aescoladabici@gmail.com.
Para inscribirte a eles, primeiro debes cubrir o seguinte formulario. Posteriormente serás informada dos cursos que se realizan durante o mes seguinte co fin de que escollas aquel que se axuste ao teu nivel e á túa dispoñibilidade.
Se desexas anotarte a algún dos cursos que realizaremos durante o mes de marzo podes anotarte a través do seguinte formulario.
Animámosche a visitar o noso perfil en Google Maps, así, se xa pasaches por algunha actividade, podes deixar a túa reseña e axudarnos a que máis xente nos coñeza, e se aínda non viñeches aos nosos cursos, podes ver que se comenta acerca de nós.