Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Quen somos?

Mobi-liza, asociación por unha mobilidade responsable

Somos unha asociación, constituída en 2008, que ten por obxecto promover e defender unha mobilidade sostible e responsable en todos os ámbitos, mediante a investigación, a sensibilización social, o deseño e implementación de proxectos, a realización de actividades relacionadas coa mobilidade, e a interlocución coas Administracións Públicas, entre outras.

O noso ámbito de actuación é, principalmente, a área metropolitana da Coruña.

Que facemos?

Entre as nosas actividades principais, destacan dúas:

  • A Escola da Bici, unha iniciativa mediante a que ensinamos a andar e a circular en bicicleta ás cidadás e cidadáns coruñeses.
  • O taller social, Reciclos, no que a cidadanía pode reparar a súa propia bicicleta coa axuda das nosas persoas asociadas

Tamén organizamos actividades relacionadas coa mobilidade, como as seguintes: xornadas de mobilidade sostible na UDC, actividades no marco da Semana Europea da Mobilidade, roteiros en bicicleta, participamos como entidade promotora da campaña 30 días en bici, etc.

A %d blogueros les gusta esto: