Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Taller social Reciclos

Queres reparar a túa bicicleta?

Contamos cun taller social autoxestionado, Reciclos. Nel, podes achegarte e reparar a túa bicicleta coa axuda das nosas persoas asociadas.

Tamén aceptamos doazóns de bicicletas para poder darlle unha nova vida. Se tes unha bici sen usar, podes traérnola e así outra persoa poderá poñela a punto e comezar a usala pola cidade!

Abrimos todos os martes e mércores de 17:30 a 21:00*.

*Ante a situación sociosanitaria ou en ocasións debido a festividades, hai días nos que é posible que non abramos ou que teñamos aforos limitados. En caso de que desexes asistir, consulta en amobiliza@gmail.com con antelación.

A %d blogueros les gusta esto: