Ante o proxecto de pasarela peonil-ciclista entre As Xubias e Santa Cristina

Nos últimos días podemos atopar na prensa múltiples novas sobre o proxecto de creación dunha pasarela peonil e ciclista duns 800 metros que unirá As Xubias e Santa Cristina. Unha actuación denominada polo presidente da Xunta de Galicia como «unha alfombra sobre a ría».

Ante todo, dicir que dende Mobi-liza, como defensoras e defensores da mobilidade sostible, cremos que é unha necesidade favorecer os desprazamentos a pé e en bici na contorna, de forma que se xere unha alternativa que escape da incomodidade debida ao tráfico na Ponte Pasaxe. Neste senso, son múltiples as persoas que transitan a diario a pé pola Ponte Pasaxe por unhas beirarrúas moi estreitas, que non permiten o paso simultáneo de dúas persoas, sumado á presenza dun «quitamedos» cuxa estrutura metálica ocupa boa parte desta irrisoria e insuficiente beirarrúa. Ademais, o excesivo tráfico na ponte e, especialmente, o ruído vencellado a este fai del un espazo pouco ou nada amigable para co peón. Para a bicicleta a situación non é moito mellor, pois o tráfico soportado pola ponte fai que sexan poucas as persoas que se atrevan a cruzalo circulando pola calzada.

Porén, consideramos que o proxecto exposto nestes días non é axeitado por diferentes motivos:

  • En primeiro lugar, polo seu impacto medioambiental. Nunha zona na que predomina a infraestrutura gris, un dos extremos situarase no arenal oleirense de Santa Cristina, ocupando pois un espazo de interese ambiental. Á parte diso, o conxunto de piares terán tamén un impacto ambiental sobre o propio areal e no ecosistema mariño.
  • Moi relacionado co anterior, polo seu impacto paisaxístico. Pese a expoñerse por parte da Xunta que este impacto será practicamente nulo, entendemos que non é así. Ben é certo que debemos tomar con cautela as imaxes do proxecto, pois sempre estarán suxeitas a modificacións na súa execución. Se ben, en vista a ditas imaxes consideramos que non se trata dunha actuación baseada no respecto e na harmonía coa contorna na que se ubica.
  • Tamén, polo seu custe económico. Tratándose dunha actuación cun orzamento de 8 millóns de euros, entendemos que se conta con alternativas que serían máis económicas e que poderían suplir as funcionalidades previstas para este proxecto.

E diredes, que propoñemos dende Mobi-liza?

Cremos fundamentalmente que a solución pasaría por aproveitar a propia infraestrutura da Ponte Pasaxe. Sería viable, por exemplo, a creación dunha pasarela peonil e ciclista na parte inferior da ponte. Deste xeito, aproveitaranse os propios piares, restando o impacto medioambiental que suporía a colocación de novos piares. Tamén estaría exento de impacto ambiental en tanto que os seus extremos se atoparían en zonas que actualmente xa non son espazos naturais e de protección ambiental. Entendemos ademais que o impacto paisaxística sería efectivamente reducido. E por último, tería un custe económico moito menor do que suporía a actuación proxectada.

A este respecto, dicir que non estamos creando nada novo, pois a existencia de pontes que contan cunha dobre altura, cunha delas destinada ao tráfico rodado e outra destinada ás mobilidades activas dáse en diferentes puntos do continente europeo e americano. A continuación, presentámosvos algúns exemplos:

Bridge Canal Pannerdensch (Arnhem, Países Baixos)
Belle Isle Pedestrian Bridge (Richmond, Virgina, Estados Unidos)
Pont Adolphe (Cidade de Luxemburgo, Luxemburgo)
Pont Adolphe (Cidade de Luxemburgo, Luxemburgo)

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Comenzar
A %d blogueros les gusta esto: