Velocine, ciclo de cine e velocípedos

Este mes de setembro, con motivo da Semana Europea da Mobilidade, dende Mobi-liza imos realizar un ciclo de cine coa bicicleta como principal protagonista, o Velocine. Todas os eventos desenvolveranse no taller social Reciclos ás 21:30, a excepción da Ciclobiblioteca que será en horario de tarde ás 18:00 e lugar por confirmar.

Empezamos o domingo 19 de setembro co turno do documental da Cinecicleta. No verán do 2015, Isabel Segura e Carmelo López emprenderon unha aventura que levaban moito tempo planeando. Durante máis de dous anos percorreron África en bicicleta proxectando películas mediante un sistema que se accionaba grazas ao pedaleo das e dos espectadores e que lles permitía organizar sesións de cine naqueles pobos aos que chegaban. Partindo dende Madrid, cruzaron África de norte a sur ata chegar a Madagascar, tras cubrir máis de 18.000 kilómetros e realizar máis de 200 proxeccións en centros culturais, sedes de ONGs, hospitais e en aldeas nas que a súa chegada supoñía un gran acontecemento.

En seguinte lugar, o luns 20 de setembro contaremos coa Cinecicleta, un proxecto de recuperación e exhibición de películas de cinema doméstico en formato 8mm, Super8 e 16mm filmadas por afeccionados e cineastas amateurs galegos no século pasado. Dende unha antiga bicicleta de reparto de leite, reconvertida agora nun cinema ambulante, Fernando Pujalte proxectará material inédito acompañado de narración descritiva en vivo das imaxes e banda sonora.

O martes 21 de setembro teremos á Verducleta co documental «De Quijotes e Semillas» dirixido por Patxi Uriz e Jordi Matas. O cociñeiro Santi Cordón realiza unha viaxe de 900 kilómetros dende Tudela ata Málaga, na que lle acompaña o permacultor Alberto Marín. Froito dese periplo xorde unha xocosa roadmovie na que os seus fidalgos protagonistas plantan unha horta sobre a bicicleta facendo dela o seu rocín. Esta aventura é unha incursión á España olvidada para escoitar a romántica loita dos seus quixotes, intercambiar sementes con eles e poñer en valor un tesouro culinario en vías de extinción.

Por último, contaremos coa ciclobiblioteca o martes 22 de setembro ás 18:00. Este proxecto nace no ano 2005 da man do contacontos, escritor e ciclousuario Anxo Moure e coa finalidade de fomentar o uso da bicicleta sensibilizando sobre o cambio climático e divulgando a lectura ambientalista baixo o lema «Cultura na bici para a cultura da bici». Tratarase dunha actividade de contacontos dirixida principalmente á infancia, mais tamén a calquera persoa interesada, na que poderán tamén coller algún dos libros desta bibilioteca a pedais.

Se desexas anotarte, podes facelo a través do seguinte enlace.

Lembra que ante a situación sociosanitaria derivada da COVID-19, contamos cun aforo máximo de 50 persoas ao aire libre e que, no caso de ter que realizarse en interior (por motivo das condicións meteorolóxicas) este aforo será de 25 persoas, que serán decididas por rigoroso orde de inscrición.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: