Paseo de Bicis Antigas da Coruña

No marco da Semana Europea da Mobilidade, o sábado 18 de setembro celebrarase a segunda edición do Paseo de Bicis Antigas da Coruña. Trátase dun evento de ciclismo retro, polo que é requisito para participar que a túa bici sexa anterior ao ano 1995, ademais de realizar a inscrición de 2€. Así mesmo, recoméndase levar indumentaria acorde á época e ao tipo de bicicleta co que se participe, sendo válida calquera tipo de bicicleta: estrada, paseo, mountain bike, bicicross, cicloturismo, etc.

Trátase dun curto paseo, inferior a 10km, e dun nivel de dificultade baixo, sen apenas desnivel acumulado, que partirá ás 12:00h dende a Torre de Hércules. Entre medias do paseo, realizarase un sorteo de premios e un picnic entre as persoas que o desexen. Polo tanto, recoméndase levar comida e calquera útil necesario para o pic-nic.

Para ver o percorrido, podes acceder ao seguinte enlace ou descargar o seguinte arquivo:

Para participar é preciso realizar a inscrición, a través da cal tes dereito a recibir o dorsal e obsequios, así como a unha participación nos sorteos que se celebrarán na xornada. A recollida do dorsal realizarase o mesmo día na rotonda da escultura a Breogán a partir das 11:30h.

O programa da xornada é o que se amosa a continuación:

Programa da xornada

Para calquera dúbida, podes contactar por correo electrónico a paseobicisantiguascoruna@gmail.com ou por teléfono ao 679.744.920.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: