Actividades para todos os públicos durante o mes de agosto

Dende A Escola da Bici para este mes de agosto, en lugar dos habituais cursos (que os retomaremos en setembro), imos facer actividades puntuais, gratuítas e pensadas para diferentes públicos.

Son actividades ás que teredes que acudir coa vosa bici (propia, de aluguer, de BicicCoruña…) tamén casco, timbre, auga e, de ser necesario, prenda reflectante e luces. Lembrade, todas as cousas necesarias para un uso e circulación segura! Tede en conta tamén que os menores teñen que vir acompañados por algún adulto.

Realizaremos dúas liñas de actividades:

1. Percorrendo o carril-bici metropolitano

Imos de roteiro cada martes (con opción de escoller horario de mañá ou de tarde) para coñecer todas as opcións que temos para circular seguras pola cidade e que nos ofrecen os carrís bici de Coruña e concellos da contorna.

Roteiro de 3h. Percorrido máximo de 10kms cunha parada na metade do traxecto para descansar. Saímos e chegamos á praza María Pita.

  • Martes 3. De 10h a 13h e de 16h a 19h
  • Martes 10. De 10h a 13h e de 16h a 19h
  • Martes 17. De 10h a 13h e de 16h a 19h
  • Martes 24. De 10h a 13h e de 16h a 19h
  • Martes 31. De 10h a 13h e de 16h a 19h

1. Obradoiros lúdicos na rúa

Faremos actividades lúdicas coa bici como protagonista dirixida a nenos e nenas e adolescentes (dende 9 ata 17 anos), coas que, dunha forma amena, mellorarán habilidades e destrezas para un maior dominio da bicicleta e unha maior seguridade.

Haberá distintas estacións polas que poderán pasar, polo que a duración da actividade será variable en función das estacións. Faranse na Praza da Tabacalera

  • Martes 10. De 10h a 12h
  • Mércores 11. De 10h a 12h
  • Martes 17. De 10h a 12h
  • Mércores 18. De 10h a 12h

Para poder participar tes que cubrir o seguinte formulario para reservar a túa praza

A maiores, queremos lembrarvos que o primeiro venres do mes, o 6 de agosto, facemos o Friday Mobilty Night, un paseo nocturno en bici, patíns e VMP pola cidade. Sae dende a praza de María Pita ás 21:30 cunha duración aproximada dunha hora. Non precisa inscrición.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: