Parabéns ao Concello da Coruña polo Accésit Innova nos premios bikefriendly

Veñen de ser publicados os premios Bikefriendly, que son outorgados entre as administracións adheridas á Rede de Cidades pola Bicicleta, en recoñecemento de medidas e actuacións a favor do uso da bicicleta como medio de transporte. Nese sentido, outórganse premios en catro categorías: liderado e compromiso institucional; infraestrutura ciclista; educación e promoción, e bicieconomía.

O Concello da Coruña acadou un segundo posto na categoría de infraestrutura ciclista, así como lle foi outorgado o Accésit Innova polo seu compromiso por aproveitar as obras ou actucacións na modificación do tráfico para a execución e incremento da infraestrutura ciclista.

Dende Mobi-liza, queremos amosar os nosos parabéns ao Concello por recibir este premio e pola labor que se vén realizando nos últimos anos para favorecer a mobilidade sostible en xeral e a mobilidade ciclista en particular. O camiño é moi longo porque, como acontece en calquera outra cidade, cóntase cun modelo de cidade herdado dun urbanismo baseado no coche durante boa parte do século XX e no noso caso mesmo entrado o século XXI. É por iso que, agora que se conta co rumbo axeitado, é precisa a chegada de novos avances.

Tamén queremos amosar o noso compromiso a colaborar e poñer o noso gran de area para a consecución dunha cidade cun modelo máis sostible e amigable para coas persoas. 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: